Lula Mora presentando o seu novo traballo “Hogar”.
Nacido no Atlántico e medrado entre dúas beiras, o proxecto Lula Mora naceu para facer da música un lugar de encontro.
Sara e Silvia comparten unha mesma pulsión: transformar a experiencia persoal en arte compartida.
No escenario, as súas cancións convértense nunha experiencia viva onde a palabra, a interpretación e o corpo dialogan coa audiencia. O público non só as escoita: habítaas.
Con HOGAR, o dúo dá forma a un espectáculo que combina música, poesía e performance, explorando cuestións como o arraigamento, a identidade ou a procura dun lugar propio no mundo.
– Taberna JJ –

